
Pedimos perdón á xente de bo corason que entende como funsiona o mundo, que votou maioritariamente na encuesta porque sejiramos vivos (aínda que sejuro que muitos se arrepentiron), que entre todos podemos sumar, e que Carnota pode ter un futuro mellor. Os vosos comentarios penso que nos serviron a todos para ler a personas con sentidiño, e a pensar que podemos ter futuro se damos a cara defendendo o mellor para Carnota...
Por desjrasia para quen vimos nesta pájina unha oportunidade para cambiar aljo, foron muitos máis -ou polo menos máis activos- os que viron aqui unha oportunidade para desbarrar dos convesiños con total impunidade. E non hai nada máis RUIN que ir a un blog a escribir como anónimo o que non se ten COLLÓNS E OVARIOS a disir na cara. Sobran os nombres. Sempre tuvemos claro que aqui podian salir comentarios subiditos de tono, este é un blog para falar entre outras cousas de política e xa se sabe o que hai, muito enconado solto. Pero tamen pensabamos que hai unha delgada linea roja non escrita que a xente non sobrepasaria. Equivocamonos de pleno. A corta vida deste blog demostrou que en Carnota hai xente pra que o importante non é convenser de que as ideas dun son as mellores si non descalificar ó que non pensa como un. E nesa jerra sin cuartel VALE TODO: que total Acarnotados é barra libre.
Pois para disjusto destes animales de bellota acabouse a barra libre, cada un a chorarlle as penas á almohada. Acarnotados serra. E non sin lastima abonda polo que puido significar esto para o noso pobo, e porque aljuns bos pajan as culpas daljuns malos.
Xa sabemos que estamos en plena campaña, e que muitos estaredes especulando que somos deste ou aquel, o deporte nasional do noso axuntamento. Claro que si, a día de hoxe todos temos máis ou menos claro quen nos merese o apoio. Pero non imos disir máis, aló cada un ca súa consiensia. Só disimos que HAI QUE VOTAR.
Acarnotados fui un xojo, unha aventura cojonuda que nos serviu para conoser o mellor e o peor da xente de Carnota. Non nos arrepentimos de nada menos de non dedicarlle máis tempo. Visto o visto, pouco máis daba.
Jrasias pola vosa atension, sorte e hasta sempre.
|